Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Aventuras no bosque de Pinzás: o Bosque cos 5 sentidos

30 marzo 2025 | 11:30 - 13:00
7€ / persona
Bosque de Pinzás Marzo

Da man da Comunidade de Montes de Pinzás queremos dar a coñecer ás familias, os coles e ás ANPAS, a importancia do entorno natural que ten o monte de Pinzás.
A través de pequenos roteiros e obradoiros coñeceremos os segredos que garda este monte; os animais e plantas que viven nel, así como o que sucede en cada estación.

Neste obradoiro, descubriremos que a natureza está chea de segredos… ¡pero non sempre os vemos a simple vista!

Nesta ruta especial, activaremos os nosos cinco sentidos para descubrir a maxia que se agocha no bosque. Serás quen de recoñecer unha árbore cos ollos pechados? Identificar o son dalgún elemento natural? Atopar un aroma especial entre as follas?

Agardámoste!

Esperámosvos!

Idades: + 4 anos

Horario: de 11.30 a 13.00h

Lugar: Monte de Pinzás (Tomiño)

Acompañantes: monitores titulados

Detalles

Organizador

  • Donde viven los cuentos
  • Teléfono +34 722 36 92 61
  • Correo electrónico info@dondevivenloscuentos.es

Local

  • Ruta